Seoane, un máis dos Brocos

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/viaxe-marte-frei-benito-xeronimo-feixoo/20160527112422048087.html

Luís Seoane asinou como un máis dos Brocos. Frei Benito Xerónimo Feixoo viaxou a Marte como guía de Modesto Brocos, o retratista de Rosalía. Como? Poñendo a arte ao servizo da utopía. Ou sería ao revés?

Isidoro Brocos, Modesto Brocos, Filomena Brocos, Juán Brocos, Eugenio Brocos ... todos eles son nomes que destacaron no panorama artístico da Galiza do século XIX e comezos do XX. E tamén Maximiano Brocos, citado outras veces como Maximino Brocos e sempre pseudónimo de Luís Seoane, que afirma, en declaracións a Víctor Freixanes (Unha ducia de galegos, Galaxia, 1982) : “mi padre se apellidaba de segundo Brocos. Parece que tenía cierto parentesco lejano con los Brocos, el pintor y el escultor de finales del siglo XIX”.