Rosario Álvarez Blanco, primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/rosario-alvarez-blanco-primeira-muller-preside-consello-da-cultura-galega/20180601103442069394.html

A catedrática de Filoloxía Galega Rosario Álvarez Blanco foi eleita presidenta do Consello da Cultura Galega, relevando Ramón Villares trala fin do seu mandato. Álvarez era desde 2010 vicepresidenta da institución.

No seu discurso de presentación debullou as trabes mestras da súa candidatura, que definiu como de “continuidade, non continuísmo” e como unha nova etapa que incorporará “novo pulo, novos retos e novos modos” á institución.