Kiko da Silva apresenta A Viñeta de Schrödigner

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/kiko-da-silva/20180604164324069472.html

Este mes de xullo, quioscos e librarías contarán nos seus andeis cunha nova incorporación. A Viñeta de Schrödinger aterra en 32 páxinas e a toda cor nunha tiraxe inicial de 1.500 exemplares. Kiko da Silva (Vigo, 1979) é o director do proxecto, que no seu primeiro número contará coas colaboracións de grandes titáns da banda deseñada galega e de autores noveis. A revista está coeditada pola Mesa e a ASPG