Carlomagno e o Reino de Galiza

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/relacions-do-reino-galiza-carlomagno/20180608201356069623.html

Afonso II, o rei galego educado en Samos, foi o grande impulsor dos contactos diplomáticos co emperador dos francos. Segundo se recolle na Vita Karoli Magni, a grande crónica do reinado de Carlomagno, elaborada polo seu biógrafo e asesor Exinardo a comezos do século IX, “ foi tan próxima a alianza que Carlomagno mantiña con Afonso, rei de Galiza, que este último, cando enviaba cartas e embaixadas a Carlos, chamáballe invariabelmente o meu señor”.