7000 libros ao Concello de Viana

http://historiadegalicia.gal/2018/06/un-particular-dona-7-000-libros-o-concello-de-viana/

Nemesio Barxa é un avogado natural de Ourense, fillo de mestres, nado en 1935 en Caldesiños, Viana do Bolo. Viviu seis anos no lugar ata que os seus pais se mudaron á cidade das Burgas. Mais dende aquela Nemesio sempre se sentiu ligado a Viana e o pasado 5 de xuño formalizou o seu aprecio polo concello coa doazón da súa biblioteca. Así, segundo formalizou ante notario, tras a súa morte os máis de 7.000 exemplares que o xurista acumulou ó longo da súa vida pasarán ó Concello, deixando un valioso legado non so literario senón filantrópico e de querenza por esta terra.