Diálogo da auga e as gárgolas

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/dialogo-da-auga-gargolas-recurso-mito-arqueoloxia/20180606170545069521.html

Galiza é un país debuxado polas nubes, logo pola chuvia, polas augas, tamén dun océano maior que se perde en labirintos por mares de dentro, onde verten os ríos e neles cantareiros arroios. País de brañas, de nacedouros aos que van beber as bestas bravas, sitio de fontes máxicas, sinaladas nas penedas por circos, labirintos e greas de cervos insculturados, espazos sacroprofanos, de inspiración para mitos populares, cultos e trobeiros que as cantaron.