Museo Aberto

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/museo-salta-riba-barreiras-muros-arames/20180529140825069282.html

Museo Aberto é un proxecto do Museo Etnolóxico de Ribadavia para reflexionar sobre a utilidade destes como espazos de integración.

Ao abeiro do programa Museo Aberto, o departamento de educación e acción cultural (DEAC) do Museo Etnolóxico de Ribadavia bota a funcionar os proxectos Lembrar no Museo, Museo no cárcere e Vémonos no espello. Os tres traballarán, respectivamente, coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), coa cadea de Pereiro de Aguiar e coa Cruz Vermella O Ribeiro.