As probas libres de Formación Profesional, que permiten o alumnado a distancia examinarse presencialmente por cada módulo, están a ser apresentados en castelán baixo o pretexto de facilitar a comprensión das examinadas. Porén, esta decisión atenta contra a lexislación vixente, que recolle que o alumnado debe ser competente en ambas linguas.