A Praia dos cristais

http://www.gciencia.com/fotonautas/praia-dos-cristais-areal-miles-de-cores/

É unha pequena cala na Costa da Morte, pero corusca coa maxia de milleiros de cores. Porque a Praia dos Cristais, situada no termo municipal de Laxe, debe a súa denominación popular ao feito de estar chea de pequenos anacos de cristal, que fan que apareza cunha area multicolor. O vidro tirábase preto da praia e a erosión encargouse de desgastalo e acumulalo neste recuncho entre as rochas que hoxe se ten convertido nun atractivo turístico.