Nacho Taibo, escritor na súa terra

    AS-PG
    http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/taibo-arias-xoan-ignacio.html

    A Homenaxe da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXIV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura Nacho Taibo que será homenaxeado en Oleiros, terra na que residiu a maior parte da súa vida.

    "Meus pais encargáronme na Coruña, e leváronme á terra seca vinte días antes de eu nacer, o que pasou en Madrid: dez anos xustos do derradeiro día de guerra civil. A urbe negra de autos mate, cregos de sotana e uniformes de inverno debeu marcarme moito, pero eu lémbroa moi mal. Os veráns dilatados entre a rúa Real da Coruña e a praia de Santa Cristina foron felices, o resto anecdótico. Madrid anoxábame tanto como o franquismo: coincidían. Once tediosos anos parei no mesmo colexio santo. Conservo todos —anos e relixiosos— con agarimo e moito fastío. No mesmo lugar estudou PPmari Aznar, que daquela xa era moito máis pequeno ca min. Debido aos meus escasos dotes proféticos non lle propinei nada. Hoxe xa non quero."