300 SERMOS

https://www.sermosgaliza.gal/opinion/maria-obelleiro/300-numeros-anos-vida/20180613172156069746.html

"O semanario Sermos Galiza saía á rúa o 8 de xuño de 2012. Foi entón cando o galego regresou aos quiosques cada semana. Seis anos após, Sermos suma xa 300 números, unha cifra que a leva a ser a publicación periódica en galego, e en papel, máis editada das vixentes. Se é posíbel é grazas a todas as persoas que, dunha maneira ou doutra, sustentan este medio: accionistas; subscritores e subscritoras; lectoras e lectores e colaboradoras e colaboradores que nos transmiten o seu saber de maneira desinteresada e traballadoras e traballadores que se esforzan en facer de cada número un produto de interese".