Tempo fósil

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/destrucion-segundo-pilar-pallares/20180620121721069926.html

O libro atravesa un territorio destruído. É o lugar da casa que xa non está, dos restos animais, todo o sólido que se esvaece no ar. A poeta rexistra a dispersión da tribo e a caveira do pai, o pelo morto do can e as follas do limoeiro. Tempo fósil titúlase a quinta entrega de Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), a autora que abriu a poesía dos 80 ao corpo da muller.