A República Galega

https://www.acalexandreboveda.gal/republica-galega/

A proclamación da República Galega é un feito moi descoñecido mais non menor da nosa historia. O detonante foi a paralización da construción dos camiños de ferro que debía unir Zamora coa Coruña. Por iso quen se coloca á cabeza da revolta será o movemento obreiro, apoiado polo galeguismo, mais tamén por figuras do independentismo chegadas da emigración.