Xabier P. Docampo

http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/puente-docampo-xabier.html

Morre Xabier P. Docampo, o chairego fillo de chairegos nado o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo). "Aos meus sete meses trasladámonos a Castro de Ribeiras de Lea, de alí era miña mai —meu pai de Xermar (Cospeito)—, onde fun por primeira vez á escola.
Pasando por enriba da etapa máis interesante da miña vida, a infancia, no comezo da adolescencia a familia enteira trasladouse a vivir á Coruña onde estudiei o bacharelato e maxisterio, sen perder nunca o contacto coa Terra Cha a onde regresabamos en calquera oportunidade por curta que fose a estancia"