Xoán Manuel Pintos, o precursor

https://www.acalexandreboveda.gal/xoan-manuel-pintos/

Xoán Manuel Pintos deixounos todo un manual dos costumes e da lingua de Galiza na súa obra, A gaita gallega. É unha obra de temática moi variada cuxa unidade reside nos seus dous personaxes principais: Cristus, gaiteiro que explicará as cuestión referentes á lingua e os costumes e Pedro Luces, tamborileiro non galego destinatario das explicación de Cristus. Como diciamos, a obra é un manual de galego, pero tamén se fai nela unha defensa da nosa lingua.