Ponteareas

https://www.youtube.com/watch?v=kZkhy1umkTY

O 11 de xullo de 1884 nace en Ponteareas  o gran compositor de pasodobres e zarzuelas Reveriano Soutullo.  É autor do Pasodobre de Ponteareas, obra mestra no seu xénero,  estreado o 20 de outubro de 1929 en Ponteareas. A composición funde os xiros melódicos das alboradas e dos alalás. Con esta peza inaugúrase unha nova forma de compoñer pasodobres, os pasodobres galegos.