X


Belvís conta actualmente con: 477 Membros, 6 Grupos, 1 Fotos, 1 Videos de libre acceso Rexístrate,e participa!.

Condicións

Ao acceder ao servizo de BELVÍS acepta cumprir as seguintes condicións ('Condicións de uso').

Condicións básicas

  1. O acceso ao noso servizo fica reservado para maiores de 14 anos.
  2. Será o único responsábel das actividades que teñan lugar no seu perfil.
  3. Será o único responsábel de gardar o seu contrasinal nun lugar seguro.
  4. Queda prohibido insultar, acosar, ameazar, ou intimidar aos/ás outros/as usuarios/as de BELVÍS
  5. O servizo da Rede Social da AS-PG  non pode utilizarse para unha finalidade ilegal ou non autorizada. Os/As usuarios/as internacionais comprométense a cumprir as leis locais relativas á conduta en liña e aos contidos apropiados.
  6. Será o único responsable da súa conduta e de calquera dato, texto, información, nomes de usuario, gráficos, fotos, perfís, clips de audio ou de vídeo, enlaces (“Contidos”) que presente, envíe e expoña no servizo da Rede Social da AS-PG .
  7. A Rede Social da AS-PG está enfocada ao uso persoal e profesional inserido en actividades propias da AS-PG , non podendo ser utilizada coma unha solución de negocio, e polo tanto as consecuencias serán da súa exclusiva responsabilidade.
  8. Queda prohibido modificar, adaptar ou piratear a Rede Social da AS-PG, ou indicar falsamente que outro sitio web está asociado coa Rede Social da AS-PG .
  9. Non debe crear nin enviarlle correos non desexados ("spam") a ningún membro da Rede Social da AS-PG
  10. Queda prohibida a introdución de virus ou calquera código que poida danar o servizo ou o sitio web.
  11. No uso da Rede Social da AS-PG , queda prohibido violar calquera lei dentro da súa xurisdición (incluídas, entre outras, as leis de dereitos de reprodución).
  12. A Rede Social da AS-PG non responderá polas perdas ou danos causados aos datos. O uso deste servizo será da súa exclusiva responsabilidade.

A realización de calquera dos anteriores comportamentos permitiralle á Rede Social da AS-PG cancelar o seu perfil. A pesar de que non se permita esta conduta e estes contidos no noso servizo, vostede entende e acepta que a Rede Social da AS-PG non pode responder polos contidos que se colgan no noso sitio web e que, a pesar dos nosos mellores esforzos, existe a posibilidade de que reciba este tipo de materiais e que o uso deste servizo é da súa exclusiva responsabilidade.

  Condicións xerais

  • Reservámonos o dereito de modificar ou de poñer fin ao servizo da Rede Social da AS-PG por calquera motivo e en calquera momento e sen previo aviso.
  • Reservámonos o dereito de modificar as condicións de uso en calquera momento. No caso de que estes cambios constitúan un cambio substancial nas condicións de uso, notificarémosllo a través do mellor medio posible. Os cambios substanciais realizaranse á nosa discreción.
  • Reservámonos o dereito de non prestarlle a alguén o noso servizo por calquera motivo e en calquera momento.

Dereitos de reprodución ou propiedade intelectual

Non reclamamos ningún dereito de propiedade intelectual dos contidos publicados na Rede Social da AS-PG