Intimidade

Política de privacidade da rede social Belvís.

O usuario de Belvís, identificado mediante o nome de usuario da súa conta é o único responsable da privacidade dos seus propios datos persoais e dos contidos publicados por el mesmo nesta rede.

Correspóndelle a cada usuario determinar o seu nivel de privacidade nos seguintes aspectos:

1. Datos persoais
A privacidade dos datos persoais será establecida polo propio usuario na pantalla do perfil de usuario.
No perfil do usuario non se mostra ningún outro dato persoal que non fora introducido polo propio usuario.

2. Contidos publicados
O nivel de privacidade dos contidos publicados nesta rede social será a que determine cada usuario para cada un dos seus propios contidos.

Os niveis de privacidade establecidos por cada usuario tanto para os seus datos persoais como para os seus contidos, poderán ser modificados en calquera momento polo propio usuario.

A participación en Belvís por parte do usuario implica a comprensión e a aceptación destas normas.