Condicións

Condicións xerais de uso da rede social BELVÍS

Belvís é a rede social da AS-PG. Ten por finalidade proporcionar un espazo de comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades e iniciativas, promovendo así unha filosofía de coñecemento aberto.

A rede social Belvís está aberta á participación e á colaboración desinteresada dos membros da comunidade sempre que se respecten os termos de uso que se detallan a continuación.

Cada usuario é o único responsable da súa conduta nesta rede social, e non serán admitidos comportamentos, accións ou publicacións que ben polo seu contido ou na súa forma atenten contra o respecto, a liberdade e os dereitos de outros. Neste sentido non se tolerarán actitudes inadecuadas por parte de ningún dos seus membros como o abuso, o acoso, a ameaza ou a intimidación. Non se permitirá a suplantación de identidade doutros usuarios.

Cada usuario é o único responsable da información, documentación, elementos multimedia e enlaces que él mesmo publique directamente en Belvís. Non se debe transmitir a través desta rede social calquera contido que puidera violar os dereitos protexidos pola normativa da propiedade industrial e/ou propiedade intelectual.

Os contidos publicados deben respectar os dereitos de protección de menores, así como os concernentes á integridade dos demais membros da rede e terceiras persoas.

Non está permitido o uso da plataforma con fins comerciais (publicidade comercial e/ou intervencións con ánimo de lucro), nin a promoción de grupos políticos ou relixiosos.

Vostede non pode usar esta rede social con propósitos ilícitos, ilegais ou non autorizados incluíndo a transmisión de spam e código malicioso, como virus, vermes ou calquera outro de natureza destrutiva.

A violación de calquera das condicións anteriormente expostas terá como resultado a baixa inmediata do usuario na plataforma así como a cancelación da súa conta de usuario, reservándose a AS-PG o dereito de emprender as accións legais que se estimen oportunas en cada caso.